O TRASNO Novo Teatro

O TRASNO Novo Teatro
untitled

Integrantes do Grupo
Antía, Raúl, Miriam, Irene, Miguel, Ana, Xaime
Lucía, Sefi, Mª Xosé

"Conversas na cuneta mentres a vida pasa alá fóra"

Creación do propio grupo, baseada en relatos de diversos autores e na amplia información saída a luz co gallo da chamada "Recuperación da memoria histórica".


27 mar 2014

Mensaxe do Día Mundial do Teatro

Mensaxe de Brett Bailey para o Día Mundial do Teatro 2014

Onde quer que haxa sociedade humana, o irreprimible Espírito da Representación maniféstase.
Baixo as árbores de pequenas aldeas e sobre sofisticados escenarios en grandes metrópoles; en salóns de actos de colexios e en campos e en templos; en suburbios, en prazas públicas, en centros cívicos e nos subsolos das cidades, a xente reúnese en comuñón arredor dos efémeros mundos teatrais que creamos para expresar a nosa complexidade humana, a nosa diversidade, a nosa vulnerabilidade, en carne e oso, alento e voz.
Reunímonos para chorar e para lembrar; para rir e contemplar; para aprender, afirmar e imaxinar. Para marabillarnos diante da destreza técnica, e para encarnar deuses. Para deixarnos sen respiración diante da nosa capacidade de beleza, compaixón e monstruosidade. Imos para enchernos de enerxía e poder. Para celebrar a riqueza das nosas diferentes culturas, e para facer desaparecer as barreiras que nos dividen.
Onde quer que haxa sociedade humana, o irreprimible Espírito da Representación maniféstase.
Nado da comunidade, leva postas as máscaras e vestimentas das nosas distintas tradicións. Utiliza as nosas linguas, ritmos e xestos, e abre un espazo entre nós.

E nós, artistas que traballamos con este antigo espírito, sentímonos impulsados a canalizalo a través dos nosos corazóns, das nosas ideas e dos nosos corpos para revelar as nosas realidades en toda a súa cotidianidade e o seu rutilante misterio.

Pero nesta época na que tantos millóns de persoas loitan por sobrevivir, sofren baixo réximes opresivos e o capitalismo depredador, foxen do conflito e da escaseza; na que a nosa privacidade é invadida por servizos secretos e as nosas palabras censuradas por gobernos intrusivos; na que se aniquilan os bosques, extermínanse especies e envelénanse os océanos: ¿Qué nos sentimos impulsados a revelar?
Neste mundo de poder desigual, no que distintas ordes hexemónicas intentan convencernos de que unha nación, unha raza, un xénero, unha preferencia sexual, unha relixión, unha ideoloxía, un marco cultural é superior ao resto, ¿pódese realmente defender a idea de que as artes deberían apartarse das axendas sociais?

Nós, artistas de escenarios e ágoras, ¿conformarémonos coas demandas asépticas do mercado, ou utilizamos o poder que temos: para abrir un espazo nos corazóns e nas mentes da sociedade, para reunir xente ao noso redor, para inspirar, marabillar e informar, e para crear un mundo de esperanza e colaboración sincera?

No hay comentarios: