O TRASNO Novo Teatro

O TRASNO Novo Teatro
untitled

Integrantes do Grupo
Antía, Raúl, Miriam, Irene, Miguel, Ana, Xaime
Lucía, Sefi, Mª Xosé

"Conversas na cuneta mentres a vida pasa alá fóra"

Creación do propio grupo, baseada en relatos de diversos autores e na amplia información saída a luz co gallo da chamada "Recuperación da memoria histórica".


10 sept. 2012

6º Encontro Teatral S. Andrés de Comesaña



Outro ano mais, e xa é o sexto, O TRASNO organiza un novo encontro teatral, onde como xa é habitual misturamos obras cómicas con dramáticas, teatro familiar con montaxes para adultos.

Como imaxinades no momento actual, onde os recortes castigan mais se cabe o mundo da cultura, non foi doado montar este encontro 2012, pero a ilusión de todos os membros do grupo e a unión do teatro afeccionado galego na FEGATEA (federación galega de teatro afeccionado) conqueriron que este ano tamén teñamos teatro en Comesaña.

Vémonos no teatro!!!

5 jun. 2012

PAZO DE MOS - STA. MARIÑA DE CABRAL

Estas dúas últimas actuacións tiveron un algo en común: ser a primeira vez que o faciamos nos respectivos espazos, ainda que a Sta. Mariña, quizais fósemos fai moitos anos. Tamén nas características do respectable, pois se no primeiro non hai demasiado hábito do teatro, si o hai no segundo e en ámbolos dous casos non só foi bastante elevado o número de asistentes, que con ser boa cousa non o é tanto como o "saber estar", que foi exquisito. Isto, desgraciadamente, non pasa moi a miúdo, e por último o ágape que ao remate nos ofreceron tamén nos dous casos ainda que, como é lóxico con distintas características, deixounos enormemente compracidos.
Subliñar a sí mesmo, as características do Pazo de Mos, sin ser un local diseñado para teatro foi un verdadeiro pracer -salvadas as escaleiras de acceso- actuar nun local tan fermoso.
Pola súa banda en Sta. Mariña ao estar preto das pasadas Letras galegas todo o local estaba fermosamente engalanado de branco e azul e o escenario todo él en caixa negra coma nos prometeran os organizadores.

VIMIANZO

La Voz de Galicia o domingo 22 de abril publicaba na páxina de Bergantiños "en este viaje al pasado, los integrantes de la compañía viguesa O Trasno se meterán esta tarde en la piel de los protagonistas de una serie de historias relacionadas con la recuperación de la memoria histórica. De nuevo, el mensaje abunda en la necesidad de aprender de los errores del pasado. Conversas na cuneta mentres a vida pasa alá fóra es el título de la obra que interpretarán a partir de las 20 horas en el Auditorio de Vimianzo".
E así foi, no magnífico Auditorio de Vimianzo voltamos, e van xa moitas, a representar a nosa obra, por certo máis representada da nosa longa xeira.

4 mar. 2012

FEGATEA MÓVETE 2012. RIBADAVIA 10 de Marzo ás 20 horas

O Trasno Novo Teatro representará "Conversas na cuneta mentras a vida pasa alá fora" no Auditorio da Casa da Cultura de Ribadavia o vindeiro 10 de marzo ás 20 horas.

Esta actuación enmárcase no "Fegatea Móvete 2012" ciclo de teatro organizado pola federación galega de teatro afeccionado con catro sedes diferentes, unha en cada provincia galega, Culleredo, Lugo, Ribadavia e Vigo.

Vai ser a primeira actuación do Trasno en Ribadavia o cal fainos moita ilusión, despois de unha chea de anos peregrinando ata Ribadavia para disfrutar do mellor teatro na súa Mostra Internacional de Teatro agora tócanos a nos mostrar alí o noso traballo.

Desexamos que vos guste!!