O TRASNO Novo Teatro

O TRASNO Novo Teatro
untitled

Integrantes do Grupo
Antía, Raúl, Miriam, Irene, Miguel, Ana, Xaime
Lucía, Sefi, Mª Xosé

"Conversas na cuneta mentres a vida pasa alá fóra"

Creación do propio grupo, baseada en relatos de diversos autores e na amplia información saída a luz co gallo da chamada "Recuperación da memoria histórica".


13 sept 2014

2º actuación do Encontro Teatral de Comesaña 2014


Hoxe sábado día 13 de setembro continúa o 8º Encontro Teatral de Comesaña. Fanfarra Teatro presenta a obra Esquivo e prevención. Ás 21 horas no Nautilius en Comesaña.

"Esquivo e prevención" fía tres historias onde é doado atopar anacos da nosa propia vida ou reflexos das feridas doutros que aínda esperan pola xustiza (poética ou non) que non chega. Hai nesta obra un home canso de fuxir, persoas que falan coa luz inesperada dunha noite escura, gardas da orde pública e peóns asustados. Todo é de 'rabiosa actualidade' pero esta vez estamos á falar desa actualidad chea de rabia que non renuncia ao riso.

4 sept 2014

8º Encuentro Teatral S. Andrés de Comesaña


Este ano 2014 o 8º Encontro Teatral de S. Andrés de Comesaña, organizado por O Trasno, encuádrase dentro do Circuito Galego de Teatro Amador, organizado por a FEGATEA.
Unha vez máis contamos cás actuación de grupos de teatro das catro provincias galegas, cunha selección de espectáculos que van da comedia ó drama sen esquecer ó público familiar.
Ás actuacións celebraránse os sábados 6, 13 e 20 ás 21:00 horas e o domingo 21 ás 19:00 horas, na Sociedade Cultural Nautilius de Comesaña.
A entrada é gratuíta ata completar aforo

27 mar 2014

Mensaxe do Día Mundial do Teatro

Mensaxe de Brett Bailey para o Día Mundial do Teatro 2014

Onde quer que haxa sociedade humana, o irreprimible Espírito da Representación maniféstase.
Baixo as árbores de pequenas aldeas e sobre sofisticados escenarios en grandes metrópoles; en salóns de actos de colexios e en campos e en templos; en suburbios, en prazas públicas, en centros cívicos e nos subsolos das cidades, a xente reúnese en comuñón arredor dos efémeros mundos teatrais que creamos para expresar a nosa complexidade humana, a nosa diversidade, a nosa vulnerabilidade, en carne e oso, alento e voz.
Reunímonos para chorar e para lembrar; para rir e contemplar; para aprender, afirmar e imaxinar. Para marabillarnos diante da destreza técnica, e para encarnar deuses. Para deixarnos sen respiración diante da nosa capacidade de beleza, compaixón e monstruosidade. Imos para enchernos de enerxía e poder. Para celebrar a riqueza das nosas diferentes culturas, e para facer desaparecer as barreiras que nos dividen.
Onde quer que haxa sociedade humana, o irreprimible Espírito da Representación maniféstase.
Nado da comunidade, leva postas as máscaras e vestimentas das nosas distintas tradicións. Utiliza as nosas linguas, ritmos e xestos, e abre un espazo entre nós.

E nós, artistas que traballamos con este antigo espírito, sentímonos impulsados a canalizalo a través dos nosos corazóns, das nosas ideas e dos nosos corpos para revelar as nosas realidades en toda a súa cotidianidade e o seu rutilante misterio.

Pero nesta época na que tantos millóns de persoas loitan por sobrevivir, sofren baixo réximes opresivos e o capitalismo depredador, foxen do conflito e da escaseza; na que a nosa privacidade é invadida por servizos secretos e as nosas palabras censuradas por gobernos intrusivos; na que se aniquilan os bosques, extermínanse especies e envelénanse os océanos: ¿Qué nos sentimos impulsados a revelar?
Neste mundo de poder desigual, no que distintas ordes hexemónicas intentan convencernos de que unha nación, unha raza, un xénero, unha preferencia sexual, unha relixión, unha ideoloxía, un marco cultural é superior ao resto, ¿pódese realmente defender a idea de que as artes deberían apartarse das axendas sociais?

Nós, artistas de escenarios e ágoras, ¿conformarémonos coas demandas asépticas do mercado, ou utilizamos o poder que temos: para abrir un espazo nos corazóns e nas mentes da sociedade, para reunir xente ao noso redor, para inspirar, marabillar e informar, e para crear un mundo de esperanza e colaboración sincera?