O TRASNO Novo Teatro

O TRASNO Novo Teatro
untitled

Integrantes do Grupo
Antía, Raúl, Miriam, Irene, Miguel, Ana, Xaime
Lucía, Sefi, Mª Xosé

"Conversas na cuneta mentres a vida pasa alá fóra"

Creación do propio grupo, baseada en relatos de diversos autores e na amplia información saída a luz co gallo da chamada "Recuperación da memoria histórica".


15 sept. 2010

Teatro de Cámara Ditea: 50 anos de amor polo teatro

Nesta 3ª xornada do noso Encontro Teatral temos o pracer de recibir os nosos amigos de Ditea (Santiago). Presentan unha entrañable e entretida comedia que eles definen así:

“A poucos días de calquera estrea en calquera teatro, reina o desorde: teares caídos, cables por todos lados, etc., etc. E é aquí onde dúas limpadoras irrompen no escenario; dúas mulleres que, inmersas no trasfego cotiá e alleas a todo este enredo faranduleiro van, inconscientemente, deixándose levar por unha sensación de liberación que lles produce o “espazo de ficción” e, pouco a pouco, amosan as súas paixóns afogadas, tecéndose así unha trama na que, a través das súas tráxicas vivenzas - producto do condenado destino- recoñecemos un mundo moi próximo e, paradoxalmente, cómico.

Dous seres traxicómicos que, por un casual, permítense o luxo de soñar un acto efémero e imprevisto.

“Acto imprevisto” é un espectáculo que reflicte a realidade cotiá, unha realidade latente en cada esquina, que a través do humor, intenta aproximarse ao público cun sabor agridoce.”

Vémonos ó sábado no teatro.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Son un veciño de Comesaña, e queriavos felcitar pola boa organización da mostra teatral, seguide así, estades a facelo moi ben.
Estiven vendo ao grupo Ditea de Santiago, e teño que dicir que me gustou moito a súa actuación, dúas atrices moi ben acopladas a seu papel y cun contraste de carácteres moi ben definidos. NORABOA a todólos que facedes posible que este tipo de teatro non se perda.