
A representación terá lugar no Teatro Principal de Santiago, o día 6 de decembro ás 21 horas.
Esta mesma obra tamén resultou elixida para ser representada en Herrera (Sevilla) dentro do XII Festival de Teatro Martín Arjona, o día 19 de decembro ás 20 horas, na Casa da Cultura.
Estamos moi ilusionados, tanto polo orgullo de ser seleccionados pola nosa Federación como por poder mostrar o noso traballo en terras andaluzas, o que suporá a primeira representación de esta obra en español.
Xa vos contaremos como nos vai.
3 comentarios:
Meus parabens.
Alfonso Portos
Pois estades tardando en contarnos coma vos foi
Alfonso Portos
Tes razón Alfonso, esperamos publicar pronto unhas fotos e comentarios destas dúas saídas do noso grupo.
Rematamos o ano un pouco cansos e tomamos vacacións, pero xa vai sendo hora de retomar a senda tras Talía.
Gracias polo teu interese
Publicar un comentario