“Conversas na cuneta mentres a vida pasa alá fora” foi seleccionada para participar no VIII Festival de Teatro Agustín Magán, organizado pola “FEGATEA” (Federación de Teatro Afeccionado de Galicia). Este é o Festival mais importante de Galicia para grupos non profesionais, onde se pretende reunir e mostrar ó público os mellores montaxes de cada ano.A representación terá lugar no Teatro Principal de Santiago, o día 6 de decembro ás 21 horas.
Esta mesma obra tamén resultou elixida para ser representada en Herrera (Sevilla) dentro do XII Festival de Teatro Martín Arjona, o día 19 de decembro ás 20 horas, na Casa da Cultura.
Estamos moi ilusionados, tanto polo orgullo de ser seleccionados pola nosa Federación como por poder mostrar o noso traballo en terras andaluzas, o que suporá a primeira representación de esta obra en español.
Xa vos contaremos como nos vai.



