O TRASNO Novo Teatro
Integrantes do Grupo
Antía, Raúl, Miriam, Irene, Miguel, Ana, Xaime
Lucía, Sefi, Mª Xosé
"Conversas na cuneta mentres a vida pasa alá fóra"
5 jun 2011
Comedia del Arte. Novas datas
11 may 2011
CURSO DE "COMEDIA DEL ARTE"

21 nov 2010
Fin de Festa co X Aniversario da FEGATEA

26 oct 2010
CELEBRACIÓN E FOTOS DE TRES DÉCADAS.

Deixámosvos dous enlaces. Un que vos levará a un percorrido en fotos pola nosa historia e outro para que vos fagades unha idea do espectáculo da celebración dos nosos 30 anos.
![]() |
| 1980-2010: A nosa historia en fotografías. |
Tamén queremos agradecer unha vez máis a imprescindible e desinteresada participación da Sociedade Cultural Nautilius (Coral e Grupo de Gaitas), de Carlos Castro, Bea Riobó e Avelino González. As súas actuacións deron o toque de calidade a este acto tan entrañable para nós.
![]() |
| Celebración dos 30 anos de O TRASNO Novo Teatro. |
Por último expresar o noso orgullo de pertencer a "O Trasno", este grupo que non é só noso senón tamén de cada un dos 61 compoñentes que pasaron polas súas filas nestas tres décadas. O mellor deste acto foi o momento en que todos os ex-Trasnos presentes no Auditorio subiron con nós ao escenario.
Grazas a todos e todas.
12 oct 2010
30 ANOS DE TEATRO: 1980 a 2010.
En outubro deste ano 2010 "O Trasno" cumprimos trinta anos de funcionamento ininterrompido; neste longo período pasaron máis de 60 actores e actrices polo grupo, sendo canteira para grupos profesionais da comarca, para as series televisivas, etc.
de diversos campos artísticos, que teñen colaborado con O Trasno, ou viceversa, ao longo destes 30 anos da nosa historia. Entre os xa confirmados estarán: A Coral e Grupo de Gaitas da Sociedade Nautilius, Carlos Castro Roig (Membro de Fía na Roca, profesor do Conservatorio Superior de Música de Vigo...), Avelino González (polifacético actor profesional, natural de Comesaña, que ademais do teatro toca outros campos como as series televisivas, o cine, os monólogos, as animacións culturais...), e outras sorpresas.
Fundado en outubro do ano 1980 baixo o nome de “Sociedad Teatral O Trasno” por un grupo de mozos e mozas da parroquia de Comesaña en Vigo.Estivo funcionando dentro da súa escaseza de medios técnicos, económicos e formativos propios daquel momento, e aínda así chegou a actuar no emblemático Teatro García Barbón coa obra “O pauto de San Formoso do Monte”.







