Pois si, moitas das loitas mantidas dende sempre polos do “teatro afeccionado” parecen estar a dar, non sen tempo, resultados positivos:
Este ano celebramos o X aniversario da nosa federación, a FEGATEA, despois de varios intentos falidos para agrupar os grupos de teatro afeccionado de Galicia poucos confiaban no seu futuro. Nembargantes vai facer dez anos, aumentando mes a mes o número de asociados, cun Festival anual (O Agustín Magán) consolidado e que mostra os mellores espectáculos do ano e, o mais importante, cun acordo coa Xunta, dende hai catro anos, para a celebración de ciclos teatrais por toda a xeografía galega.
2010 tamén é testemuña da inclusión, por primeira vez, dos grupos de teatro afeccionado no “Vigo a Escena”, circuíto teatral do noso concello vedado ata o de agora para nós. O Trasno xunto con outros grupos de Vigo vemos así cumprida unha antiga e insistentemente demandada aspiración.
Por último e seguramente mais transcendente para os Trasnos, cumprimos 30 anos de teatro ininterrompido e xa estamos preparando un acto de celebración que, se todo vai ben, celebraremos en outubro, despois de organizar por 4º ano consecutivo o Encontro Teatral de Comesaña en setembro, con grupos de varios puntos de Galicia.
Ademais de todos estes acontecementos seguimos cás nosas actuacións, este sábado en Coruña, repetimos no XII Certamen de Teatro Escolar e Afeccionado (Colexio Calvo Sotelo) onde tan ben tratados fomos o ano pasado.
Un saúdo a todos e todas por estar aí, tentaremos mantervos informados/as das nosas trasnadas.
5 comentarios:
As miñas felicitacións polo X aniversario da vosa Federación, polos vosos 30 anos de labor teatral ininterrompida e pola incluision no circuíto teatral do voso Concello.
Desexo que a vosa actuación no XIII Certame de Teatro Don Bosco levantase ao público dos seus asentos e que vos fixeran sentir como na vosa propia casa.
Até sempre Trasnos.
Gracias Meiguiña polas túas felicitacións, e sobre todo por ser a nosa seguidora mais participativa.
Os teus azos e os de todos/as os/as que nos seguen fan que este blog teña sentido.
Un dos trasnos.
Un agarimoso saudiño xunto coa miña ledicia polos logros!!
Todo ben merecido!
Noraboa polas 10.000 visitas, seguide así e agora a polas las 20.000.
Graciñas polas vosas verbas, sodes encantadores.
Ata sempre Trasnos.
O blog non está nada mal pero dadeslle moi pouca vida sin publicar en tanto tempo, unha mágoa.
Xoglar
Publicar un comentario