O Día Mundial do Teatro é unha oportunidade para celebrar o Teatro dunha miríade de formas. O Teatro é unha fonte de entretemento e inspiración, e ten a habilidade de unificar as diversas culturas e ás xentes de todo o mundo. Pero o teatro é moito máis ca eso e tamén brinda oportunidades para educar e informar.
O Teatro representase en todo o mundo e non sempre nos escenarios tradicionais. As representacións poden suceder nun pequeno pobo de África, nunha montaña en Armenia ou nunha pequena illa do Pacífico. Todo o que precisa é un lugar e un público. O Teatro ten a habilidade de facernos sorrir, de facernos chorar, pero tamén debería facernos pensar e reflexionar.
O Teatro xurde a partires do traballo en grupo. Os actores son as persoas que se ven, pero hai un gran número de persoas ás que non se ve. Son tan importantes coma os actores e as súas variadas e especializadas habilidades fan que unha producción sexa posible. Tamén deberían compartir os triunfos e os éxitos que podan ocorrer.
O 27 de marzo é oficialmente o Día Mundial do Teatro. Por moitos motivos todos os días deberían ser considerados días do teatro, porque temos a responsabilidade de continuar a tradición de entreter, de educar e de iluminar as nosas audiencias, sen as cales non existiriamos.
1 comentario:
Feliz Día Mundial do Teatro.
Que ó remate da función, cando o telón peche, todolos espectadores se poñan en pé e cos seus aplausos lle den os actores o seu recoñecemento polo traballo ben feito.
Atá sempre Trasnos
Publicar un comentario