O mes de Abril deixounos dous momentos para a memoria dos Trasnos:
- O Festival do Minho en A Guarda, onde quedamos encantados coa cálida acollida do público á nosa obra. Queremos agradecer especialmente a Marisa e a Pilar a súa cercanía e disposición que fixeron moi fácil o noso traballo. Xa estamos desexando volver.
- A actuación no multiusos de Redondela, espazo escénico que tiñamos pisado dúcias de veces como espectadores e no que, grazas a aposta pola nosa obra da Concellalía de Igualdade, puidemos mostrar o noso espéctaculo. Tamén mandamos un saúdo especial ao Colectivo Republicano de Redondela e ao seu presidente que con emoción nos felicitou ao remate da función.
Neste mes de maio volveremos representar "D2N2 3" e comenzamos preparar o "3º Ciclo de Teatro Afeccionado de S. Andrés de Comesaña" que se vai celebrar en setembro-outubro, e que esperamos teña a mesma gran acollida que nas dúas edicións anteriores.