Pero hoxe toca pechar 2009.
O pano caeu despois dun desenlace brillante. Decembro de 2009 xa está na nosa historia: Volvemos ser seleccionados por 4ª vez para o Festival Agustín Magán (Santiago) e representamos "Conversas na cuneta mentres a vida pasa alá fóra" no XII Festival Martín Arjona (Herrera-Sevilla), por primeira vez fóra de Galicia e en español.
O do Agustín Magán nos enche de satisfacción, é inmensamente gratificante que os/as compañeiros/as da nosa Federación Galega de Teatro Afeccionado nos escollan para que mostremos o noso espectáculo no seu festival anual, e ademais no Teatro Principal de Santiago, cargado de historia e nomes do TEATRO en maiúsculas.
Ir a Herrera foi toda unha experiencia. Canto nos lembramos dos titiriteiros, de pobo en pobo de vila en vila. Que dura tiña que ser esa viaxe permanente na procura dos aplausos, do sustento, das loanzas, soñando co éxito, ca praza chea de merda de centos de cabalos que trouxeran os seus amos dende lonxe para ver o espectáculo.
Pois a verdade nos non somos tan sacrificados, despois das nove horas de furgoneta fixemos turismo en Sevilla, ou sexa volta o redor da Giralda e despois viños e cañas e comer e mais cañas e rir a gargalladas, iso si coma bos galegos levamos con nos a chuvia, vaia diluvio.
En Herrera facía moito frío e as rúas estaban valeiras, a pesar diso a xente acudiu a función, os nervios das actrices eran evidentes, temíamos a posible confusión entre español e galego, que ó estar pendentes do idioma a obra perdera forza e ritmo, que non se entendera a historia e a mensaxe que queremos transmitir, de todo.
O remate o público aplaudía posto en pé e todo mereceu a pena.
Festivales Agustín Magán (Santiago) y Martín Arjona (Herrera - Sevilla). |
Unhas poucas fotos do noso paso polos Festivais.
2 comentarios:
Xa non quedan titiriteiros, ainda que vos no o sexades si ides de pobo en pobo mostrando a voso bo facer e iso é de agradecer.
Alfonso Portos
Graciñas Alfonso polas túas verbas, esperamos verte por este teu blog moito tempo e se tes a oportunidade de ver algún dos nosos traballos xa nos contarás.
Unha aperta
Publicar un comentario