Esta obra acadou en 2013 o Premio ao mellor espectáculo na Mostra de Teatro Universitario de Galicia e o Premio ao mellor actor (Roi Méndez) na dita Mostra.
Perpetua vive deitada dende tempo inmemoriais. As súas dúas irmás, Plácida e Pacífica, atenden as súas necesidades e ocúpanse das labores do fogar. Entre as tres sosteñen un lucrativo negocio baseado nas cualidades de Perpetua. E é que Perpetua é Santa e visionaria. É quen de predicir o futuro e de facer milagres. Pero Perpetua agocha un segredo escuro, moi escuro que se perde entre a néboa e os anos. O mundo perfecto de visitas, visións e bendicións derrúbase como un castelo de naipes coa aparición dun cuarto personaxe que porá patas arriba o universo das tres irmás. Dende ese momento nada volverá a ser o mesmo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario