Deixámosvos dous enlaces. Un que vos levará a un percorrido en fotos pola nosa historia e outro para que vos fagades unha idea do espectáculo da celebración dos nosos 30 anos.
1980-2010: A nosa historia en fotografías. |
Tamén queremos agradecer unha vez máis a imprescindible e desinteresada participación da Sociedade Cultural Nautilius (Coral e Grupo de Gaitas), de Carlos Castro, Bea Riobó e Avelino González. As súas actuacións deron o toque de calidade a este acto tan entrañable para nós.
Celebración dos 30 anos de O TRASNO Novo Teatro. |
Por último expresar o noso orgullo de pertencer a "O Trasno", este grupo que non é só noso senón tamén de cada un dos 61 compoñentes que pasaron polas súas filas nestas tres décadas. O mellor deste acto foi o momento en que todos os ex-Trasnos presentes no Auditorio subiron con nós ao escenario.
Grazas a todos e todas.
2 comentarios:
Que bonitas as fotos!
Encantáronme tanto o percorrido polos vosos 30 anos de historia coma as da celebración deste feito.
Ata sempre Trasnos e agora para empezar a polos 40.
Canto disfrutei hoxe vendoos actuar, sodes moi bos.
Graciñas por ese ratiño tan bo.
Carmiña
Publicar un comentario