Despois do éxito de Ditea o pasado sábado chegamos á clausura do
4º Encontro Teatral San Andrés de Comesaña.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgZ6ROiIu0HwNIzMncMdkf1D3HAJYJHDOBpT30sY3b4311cEQ0zk6JqotdEUUderUMv67gvU8VT3D_2tqktvqRjf2PORrUkt-w0MGsoGxPHC5KmcdztUtMq1OCPkJeeg7cheEwr6d4cOVY/s200/Carracha1.jpg)
Para baixar o pano nesta edición vos ofrecemos un espectáculo teatral de alta escola. Non é estraño que
Carrachanacacha teña recibido diversos premios por esta obra, o seu ritmo trepidante, a mordaz e irónica crítica ós “valores” da nosa sociedade, o seu humor ácido que conecta ó instante có espectador e lle arrinca sorrisos cómplices con personaxes e situacións, a súa coidada interpretación non defraudará a ninguén.
En fin non a podedes perder.
“Comendo pimentos de Padrom com Tarantino"
é a história dumha criatura que quere ser cantante...
é a história da sua nai, farta de coidar porcos, e do seu pasado...
é a história dum pianista no horizonte...
escrita e dirixida por Leandro Lamas.
1 comentario:
Título interesante o da obra deste fin de sema e as fotografías invitan a vela.
Ata sempre Trasnos.
Publicar un comentario