Seguimos a ter unha boa acollida do público e un alto nivel nas obras representadas. Estamos no ecuador do "3º Encontro Teatral S. Andrés de Comesaña" e chegan as gargalladas da man do representante da provincia de Ourense.
"Tiruleque" de O Carballiño ofrécenos "Club PK2". Din no seu programa que se trata dunha comedia de crimes e sexo, non exenta de denuncia social, e indican así mesmo, que é un espectáculo para adultos ou menores acompañados.
Sábado 3 de Outubro ás 20:00 horas
no Salón de Actos da SVCD Nautilius.Rúa Sanín Nº 54 (S. Andrés de Comesaña – Vigo)
No hay comentarios:
Publicar un comentario