O TRASNO Novo Teatro

O TRASNO Novo Teatro
untitled

Integrantes do Grupo
Antía, Raúl, Miriam, Irene, Miguel, Ana, Xaime
Lucía, Sefi, Mª Xosé

"Conversas na cuneta mentres a vida pasa alá fóra"

Creación do propio grupo, baseada en relatos de diversos autores e na amplia información saída a luz co gallo da chamada "Recuperación da memoria histórica".


25 mar 2009

27 de Marzo “Día Mundial do Teatro”

O Día Mundial do Teatro celébrase o 27 de Marzo dende 1961, unha iniciativa do Instituto Internacional do Teatro , organismo dependente da UNESCO.
Con este motivo organízanse numerosas manifestacións teatrais en todo o mundo que intentan proporcionar algo máis de vitalidade a este xénero esquecido por moitos.
Dende O Trasno Novo Teatro vos animamos a celebrar esta data. Acudide ao teatro, ao café, ás rúas, alí onde actrices e actores vos fagan SENTIR a maxia da nosa arte, esa transmisión de sentimentos entre o real e o ficticio, entre personaxes e público.
Unha das actividades máis emblemáticas nesta data é a difusión da mensaxe redactada por unha personalidade de dimensión mundial, invitada polo Instituto Internacional do Teatro, para compartir as súas reflexións sobre os temas do teatro e a paz entre os pobos. Esta mensaxe lese, este día, na maioría dos teatros de todo o mundo.
Como cada ano, a estatua dedicada a Don Ramón María del Valle-Inclán, situada no Paseo de Recoletos de Madrid, lucirá a súa clásica bufanda branca e, pola noite faise o recorrido polos lugares que visito Max Estrella, protagonista de Luces de Bohemia, obra cá que don Ramón inaugurou o xénero do esperpento, mestura de traxedia, sátira e humor.
Este ano 2009, a tradicional mensaxe foi encargada ao dramaturgo, escritor e director de teatro brasileiro Augusto Boal.
Augusto Boal, foi quen desenvolveu o “Teatro do Oprimido”, método e formulación teórica dun teatro democrático, do pobo.
O pasado 2008, Augusto Boal, foi Candidato ao Premio Nobel da Paz. Exiliado en Estados Unidos en 1953, para volver a Brasil dous anos despois onde asume a dirección artística do Teatro de Area de Sãou Paulo.
Esta é a súa mensaxe:

Mensaxe do Día Mundial do Teatro 2009

Todas as sociedades humanas son espectaculares na súa vida cotiá e producen espectáculos en momentos especiais. Son espectaculares como forma de organización social e producen espectáculos como este que vostedes viñeron a ver.
Aínda que inconscientemente, as relacións humanas estructúranse de forma teatral: o uso do espacio, a linguaxe do corpo, a elección das palabras e a modulación das voces, a confrontación de ideas e paixóns, todo o que facemos no escenario facémolo sempre nas nosas vidas: ¡nós somos teatro!.
Non só as vodas e os funerais son espectáculos, tamén os rituais cotiáns que, pola súa familiaridade, non nos chegan á consciencia. Non só pompas, senón tamén o café da mañá e os bos días, os tímidos namoramentos, os grandes conflictos pasionais, unha sesión do Senado ou unha reunión diplomática; todo é teatro.Unha das principais funcións da nosa arte é facer conscientes eses espectáculos da vida diaria onde os actores son os propios espectadores e o escenario é a platea e a platea, escenario. Somos todos artistas: facendo teatro, aprendemos a ver aquilo que resalta aos ollos, pero que somos incapaces de ver ao estar tan habituados a miralo. O que nos é familiar convértese en invisible: facer teatro, ao contrario, ilumina o escenario da nosa vida cotiá.
En setembro do ano pasado fomos sorprendidos por unha revelación teatral: nós pensabamos que viviamos nun mundo seguro, a pesar das guerras, xenocidios, hecatombes e torturas que estaban acaecendo, si, pero lonxe de nós, en países distantes e salvaxes. Nós que viviamos seguros co noso diñeiro gardado nun banco respectable ou nas mans dun honesto corredor de Bolsa, fomos informados de que ese diñeiro non existía, era virtual, fea ficción dalgúns economistas que non eran ficción, nin eran seguros, nin respectables. Non pasaba de ser mal teatro con triste enredo, onde poucos gañaban moito e moitos perdían todo. Políticos dos países ricos encerrábanse en reunións secretas e de aí saían con solucións máxicas. Nós, as víctimas das súas decisións, continuabamos de espectadores sentados na última fila das bancadas.
Vinte anos atrás, eu dirixín “Fedra” de Racine, en Río de Xaneiro. O escenario era pobre: no chan, peles de vaca, ao redor, bambús. Antes de comezar o espectáculo, dicíalles aos meus actores: “Agora acaba a ficción que facemos no día a día. Cando crucemos eses bambús, alá no escenario, ningún de vós ten o dereito de mentir. O Teatro é a Verdade Escondida.” Vendo o mundo, ademais das aparencias, vemos a opresores e oprimidos en todas as sociedades, etnias, xéneros, clases e castes, vemos o mundo inxusto e cruel.
Temos a obrigación de inventar outro mundo porque sabemos que outro mundo é posible. Pero nos incumbe a nós o construílo coas nosas mans entrando en escena, no escenario e na vida.
Asistan ao espectáculo que vai comezar; despois, nas súas casas cos seus amigos, fagan as súas obras vostedes mesmos e vexan o que xamais puideron ver: aquilo que salta aos nosos ollos. O teatro non pode ser soamente un evento, ¡é forma de vida!
Actores somos todos nós, o cidadán non é aquel que vive en sociedade: ¡é aquel que a transforma!.

Augusto Boal

21 feb 2009

Novas Trasnadas no 2009

A nosa intención durante este ano 2009 é promocionar a nosa nova obra "Conversas na cuneta mentres a vida pasa alá fóra" sen deixar de representar "D2N2, 3" sempre que teñamos ocasión.

O pasado día 13 tivemos o pracer de representar "Conversas na cuneta..." como clausura dun acto dedicado a mulleres no Museo Verbum de Vigo. A inmellorable acollida que este público, maioritariamente feminino, deu á nosa obra, que trata precisamente da situación das mulleres na posguerra, nos enche de satisfacción e ánimos para seguir adiante e buscar novas actuacións.

O próximo 7 de marzo volveremos representala, esta vez no Centro Cultural de Freixo en Vigo.

No Trasno tamén dedicamos parte do noso tempo aos máis cativos, por iso estivemos preparando un espectáculo para o público familiar titulado "O caso do canciño desaparecido", que puxemos en escena o martes de Entroido 24 de febreiro ás 17 horas na Sociedade Cultural Nautilius de San Andrés de Comesaña en Vigo. Trátase dun espectáculo interactivo no que os rapaces e rapazas pasarán de ser espectadores, a ser parte da propia representación integrándose no desenvolvemento da mesma.

Tamén queremos agradecer a todas as persoas que deixades comentarios e seguides o noso blog as vosas opinións, ánimos e parabéns que nos dedicades. Para nós é moi alentador saber que alguén valora o noso esforzo por levar o TEATRO alí onde non van nin irán as grandes compañías.

Por último pedirvos que, se sabedes de algún Concello que vai organizar Mostras ou Festivais de teatro afeccionado, nolo digades para poder participar. O que máis nos "pon" aos grupos de teatro afeccionado é actuar, poder mostrar o noso traballo a quen sexa e onde sexa.

Bicos e Apertas do Trasno Novo Teatro.

17 nov 2008

2ª Mostra de Teatro Afeccionado S. Andrés de Comesaña (2008)

De 2ª Mostra de Teatro S. Andrés (2008)


Este ano 2008, e de novo no mes de Setembro, organizamos nos locais da SVCD Nautilius a " 2ª Mostra de Teatro Afeccionado de San Andrés de Comesaña ", sendo as representacións as 21.00 horas .

Día 6: Nova Escena Teatro "Cinco mulleres co mesmo vestido".

Día 13: Atrezo Teatro "Bagoas de Noitebra".

Día 20: Grupo Navia Teatro-Escola "O zapateiro e os sabios".

Día 27: Vichelocrego Teatro "SPOT".

Día 28: Grupo de Teatro Rueiro "A viúva de Dúpont"".

5 nov 2008

1ª Mostra de Teatro Afeccionado S. Andrés de Comesaña (2007)

De 1ª Mostra de Teatro S. Andres (2007)


Durante o mes de Setembro do ano 2007 organizamos a " 1ª Mostra de Teatro Afeccionado de San Andrés de Comesaña" , integrada no Circuíto Teatral de Galicia.

Día 8: Apertura da Mostra a cargo do actor FRAN NUÑEZ.

Lohegrín Teatro presenta "Cadaleitos".

Día 15: O Trasno Novo Teatro presenta "D2N2,3".

Día 22: Grupo de Teatro Rueiro presenta "A viúva de Dupónt".

Día 29: Tarantela presenta "Vostede ten ollos de muller fatal".

Clausura da Mostra a cargo do actor AVELINO GONZÁLEZ.

As representacións tiveron lugar as 21.00 horas nos locais da SVCD Nautilius.