Inicia o Encontro de Comesaña o grupo "Teatro Fontevella", de O Porriño. Colectivo de persoas maiores, ¡algunhas moi maiores!, que dende hai anos veñen facendo do teatro o seu lecer con ilusión e entrega. Presentarán a obra "Pra que viría eu ao médico...! ...nin sempre é anécdota."O TRASNO Novo Teatro
Integrantes do Grupo
Antía, Raúl, Miriam, Irene, Miguel, Ana, Xaime
Lucía, Sefi, Mª Xosé
"Conversas na cuneta mentres a vida pasa alá fóra"
18 sept 2009
Inauguración do 3º Encontro Teatral
Inicia o Encontro de Comesaña o grupo "Teatro Fontevella", de O Porriño. Colectivo de persoas maiores, ¡algunhas moi maiores!, que dende hai anos veñen facendo do teatro o seu lecer con ilusión e entrega. Presentarán a obra "Pra que viría eu ao médico...! ...nin sempre é anécdota."7 sept 2009
3º Encontro Teatral San Andrés de Comesaña

Entre os meses de Setembro e Outubro organizamos, nos locais da SVCD Nautilius na rúa Sanín Nº 54 (S. Andrés de Comesaña-Vigo), o "3º Encontro Teatral S. Andrés de Comesaña ", sendo as representacións as 20 horas.
Día 19/09: Teatro Fontevella (O Porriño) "Pra que viría eu ao médico...! ...nin sempre é anécdota".
Día 26/09: Teatro de Cámara Ditea (Santiago) "Acto imprevisto".
Día 03/10: Tiruleque (O Carballiño) "Club PK2".
Día 10/10: Escola de Teatro Falcatrueiros (Monterroso) "A verdadeira historia da carrapuchiña vermella" e “O Retrabriño”.
Día 11/10: O Trasno Novo Teatro (Vigo) "Conversas na cuneta mentres a vida pasa alá fóra".
Neste 3º Encontro optamos por traer un grupo de cada provincia galega, con propostas variadas que van dende a comedia, o teatro infantil, o drama.... Desexamos que teña tan boa acollida como os dous anos anteriores e disfrutemos todos e todas co TEATRO.
28 jul 2009
Preparando o 3º Encontro de Teatro de S. Andrés de Comesaña
Estamos a preparar o "3º Encontro de Teatro de S. Andrés de Comesaña", que celebraremos en setembro e outubro, onde imos contar coa participación dun grupo de cada provincia galega, ademais da estrea da nosa obra "Conversas na cuneta ..." diante do noso público, despois da boa acollida que tivo en Coruña, Lugo, Priegue, Freixo, etc...
A finais de agosto publicaremos o programa completo.
Bo verán a todos e todas.
Teatrais saúdos,
22 jun 2009
Catro premios para “Conversas na cuneta mentres a vida pasa alá fóra”
"O Trasno Novo Teatro" obtivo 4 premios no XII Certamen de Teatro Don Bosco da Coruña na categoría de Teatro Afeccionado, polo espectáculo “Conversas na cuneta mentres a vida pasa alá fóra”
O sábado 20 de xuño na clausura do Certamen recibimos os premios:
Primeiro Premio na categoría de Teatro Afeccionado.
Premio á Mellor actriz: Sefi Romero.
Premios ás actrices máis destacadas na súa categoría: Mª Xosé González y Lucía G. Carballás.
Gracias a todas as persoas do certame polo exquisito trato recibido, en especial aos membros do xurado que valoraron positivamente o noso traballo e principalmente a Francisco Cousido pola súa dedicación a potenciar o mundo do Teatro Escolar e Afeccionado.
Adicamos estes premios a todas as mulleres que, como as nosas protagonistas, loitan por saír adiante na adversidade.
1 jun 2009
E agora A Coruña
Facía varios anos que O Trasno non actuaba na Coruña e temos moita ilusión e moitas ganas de presentar o noso último traballo, que esperamos teña unha boa acollida en liña coas últimas representacións na nosa provincia.